Denuncia da licenza urbanística para Infinitas Renovables S.A.

Decembro 26th, 2007

O Secretario de ADEGA-Trasancos, o Delegado en Ferrol da Sociedade Galega de Historia Naturale a Coordinadora do Núcleo Comarcal (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) da asociación ecoloxista VERDEGAIA, EXPOÑEN: 

Que as entidades ADEGA-Trasancos, Sociedade Galega de Historia Natural-Ferrol, e Verdegaia-Ferrol  rexeitan a maneira en que se desenvolveu a tramitación de outorgamento de licenza, polo Concello de Ferrol, a Infinitas Renovables S.A.,  empresa que pretende instalarse no Porto Exterior de Ferrol, para producir 300.000 Tm anuais de biodiésel, a base de produtos vexetais (aceite de palma africana procedente de Malasia, soia, etc). O Concello outorgou licenza de obra previamente a ser concedida a licenza de apertura, cando segundo a LOUGA (Lei de Ordenación Urbanística), a licenza de apertura obteráse con anterioridade, ou polo menos simultaneamente á licenza urbanística. Baseáronse para isto nunha sentenza do Tribunal Supremo para soster a posibilidade de renuncia ao dereito a ser indemnizado , xa que, segundo o artigo 6.2. do Código Civil, “la exclusión voluntaria de la  

ley aplicable y la renuncia a los derechos en ella reconocidos sólo serán válidas cuando no contraríen el interés o el orden público ni perjudiquen a terceros”. Cítase ademais o Decreto 67/2006, de 19 de maio, da lexislación da Comunidade Valenciana, polo que se regula o Regulamento de Ordenación e Xestión Territorial e Urbanística, no que se recolle a posibilidade de, con carácter excepcional, renunciar aos dereitos de indemnización, facéndose constar en instrumento público notarial, ou ante o Secretario do Concello.A nosa denuncia baséase, por un lado, no desacordo de tomar como referencia para este caso a sentenza do Tribunal Supremo citada mais arriba, xa que neste caso, si que se contrariaría o interese público, pois de non  outorgarse a licenza de apertura cando xa estiveran realizadas as obras da nova industria repercutiría en danos mediambientais, co agravante de que a obra se vai instalar nas inmediacións do L.I.C. “Costa Ártabra”.Por outro lado, a licenza outorgada baséase nun decreto da lexislación valenciana, que, obviamente, non é de aplicación na Comunidade Autónoma Galega.A sentenza do Tribunal Supremo do 18 de xuño de 1990 dita: “… la licencia de apertura ha de obtenerse con anterioridad o por lo menos simultáneamente a la licencia urbanística, para evitar el gasto innecesario de una construcción en la que no va a resultar posible la actividad que se pretende”. Neste senso, non só hai que ter en conta os custes económicos, senón tamén os ecolóxicos, sobre todo no que se refire a emisións de CO2  e verquidos á ría durante a fase de construción. Estas entidades cuestionan a non obrigatoriedade de someter o proxecto ao Estudo de Impacto Ambiental, así como que non se cumpra coa distancia mínima de 2.000 m con respecto dos núcleos habitables máis próximos, esixibles pola lexislación que rexe as a actividades molestas, insalubres e perigosas. Denuncian tamén que se tivera outorgado a licenza seguindo un procedemento de urxencia, días antes de ter rematado o prazo de presentación de alegacións, motivo polo que non foron atendidas as súas reclamacións. Por outra banda, non queda moi claro no expediente se esta empresa vai ser ubicada na segunda fase do Porto Exterior. Se así fose, non se comprende o trámite de urxencia ao que foi sometida a tramitación do expediente, xa que dita fase aínda non comezou e a construción da industria tería un límite de seis meses despois de serlle outorgada a licenza para o inicio. 

Expresadas as nosas razóns, agardamos que se teñan en conta e se investigue, por parte da Consellería, a forma de levar adiante a tramitación da licenza urbanística e se tomen, de ser o caso, as medidas oportunas para restablecer a legalidade.  Ferrol, a 26 de decembro de 2007 

SR.  CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIASR. CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBEL,SRA. CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTE.


Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Name (required)

Email (required)

Website

Speak your mind