Información sobre as xornadas

marzo 22nd, 2008

Das 4 xornadas, os 4 venres de Abril, o 4, 18 e 25 se celebrarán no salón de actos do Campus de Esteiro en Ferrol, e o 11 no Ateneo (R/Magdalena 202-204)

A inscripción é de balde para toda persoa que queira asistir, incluso para os alumnos da Universidade da Coruña que queiran o crédito (en solicitude).

Os datos necesarios para ficar inscrito son: nome e apelidos, DNI, teléfono, enderezo e indicar se se quere ou non o crédito.

Para inscribirse hai 2 vías, unha por internet, no correo da SGHN sghnferrol@teleline.es, e outra no museo da SGHN, R/Méndez Núñez, nº11

Non hai límite de prazas.

Programa das Xornadas

marzo 11th, 2008

XORNADAS SOBRE AGROCOMBUSTIBEIS.Ferrol, 4, 11, 18 e 25 de abril de 2008.  

Programa

 1ª xornada, 4 de abril 

18 h: Miguel García Guerrero (Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Sevilla): As microalgas como fonte alternativa de biocombustibeis. 

19 h: José Santamarta Flórez (director da revista World Watch). 20 h: Coloquio.

 2ª xornada, 11 de abril 

18 h: Lidia Senra Rodríguez (Sindicato Labrego Galego, coordinadora europea de Vía Campesina, labrega, ecoloxista e feminista). Os cultivos agroenerxéticos e a súa relación coa soberanía e a seguridade alimentaria. 

19 h: Luis Costal Andrade, (Enxeñeiro agrónomo e Técnico da Dirección Xeral de Investigación agroforestal). O papel da agricultura galega na produción de biocarburantes. 

20 h: Coloquio.

 3ª xornada, 18 de abril 

18 h. Antonio Dorado, (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia). Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas. 

18:45 h.  Tom Kucharz  (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción): Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico. 

19:30 h. Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra): Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis. 

20:15 h. Coloquio. 

4ª xornada, 25 de abril 

18 h: Audiovisual 1. 

19 h: Audiovisual 2. 

20 h: Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.