25 de abril: 4ª XORNADA. No Salón de Actos do Vicerreitorado (Campus de Esteiro)
O próximo venres terá lugar a derradeira xornada co seguinte PROGRAMA:
17:30 h. Clausura.
18:00 h. Proxección de audiovisuais (divididos en dous bloques).
20:00 h. COLOQUIO e ó remate do mesmo as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape elaborado con produtos ecolóxicos da Cooperativa A Xoaniña.
BLOQUE 1: 1 hora
- Arxentina: Fame de Soia (34 min):Un magnífico documental de 50 minutos, do que veremos os primeiros 34, no que se fala sen tapuxos sobre as implicacións sociais, económicas e ambientais da produción de soia a gran escala na Pampa Arxentina.
- O caso da soia no Brasil: fragmento de “We feed the world” (13 min): Veremos un fragmento deste extraordinario documental laureado con varios premios internacionais, no que o biólogo Vincent José Puhl nos contará como as plantacións de soia están substituíndo ás selvas amazónicas no Mato Grosso, en Brasil, para alimentar á gandería dos Estados Unidos e Europa.
- Paraguai 2007: Soberanía violada (13 min): Como consecuencia dos plans económicos expansivos do presidente brasileiro Lula e as multinacionais alimentarias, os labregos de Paraguai estanse vendo obrigados a abandonar as súas terras, cercados polas plantacións de soia e millo transxénicos. Os que quedan expóñense a sufrir os efectos terribeis para a saúde das fumigacións con herbicidas e pesticidas.
BLOQUE 2: 44 min
- Colombia: palma africana e paramilitares (programa de TV “La noche”, 29 min): Programa televisivo que investiga sobre os cultivos ilegais de palma africana no Chocó colombiano, unha zona declarada como Reserva da Biosfera. Ante a pasividade das autoridades (complicidade?), os paramilitares expulsan a punta de fusil aos/ás campesiños/as e as compañías de palma implantan impunemente o seu monocultivo a gran escala, deforestando os bosques.
- Indonesia: deforestación e palma africana (10 min): Surleste de Asia. Indonesia e Malasia devoran as súas selvas a unha velocidade de vértigo para substituílas por plantacións de palma aceiteira. As cifras son de millóns de hectáreas. As poboacións indíxenas que vivían da riqueza da selva quedan sen medios de subsistencia. Os orangutáns e outras miles de especies ameazadas perden o seu hábitat para sempre. Destrución a toda costa en aras do negocio do aceite de palma.
- Quiero ser tortilla (5 min): Simpático audiovisual de Citoplasma e Veterinarios sen Fronteiras que aborda, en clave de humor acedo, o problema dos transxénicos e a súa relación cos agrocombustibeis.
TODAS AQUELAS PERSOAS INTERESADAS NO CRÉDITO OU DIPLOMA DE ASISTENCIA DEBEN ASEGURARSE DE QUE TEÑAMOS TÓDOLOS SEUS DATOS PARA POÑERNOS EN CONTACTO CON ELES CANDO ESTEAN FIRMADOS.
Filed under 1 |One Response to “25 de abril: 4ª XORNADA. No Salón de Actos do Vicerreitorado (Campus de Esteiro)”
Leave a Reply
[...] Venres 25 de Abril chegan ao seu fin as Xornadas sobre Agrocombustíbeis organizadas en Ferrol por Verdegaia, A Xoaniña, SGHN e ADEGA. Será no Salón de Actos da Vicerreitoría (Cámpus de Esteiro) co seguinte programa: [...]