5 de xuño: Conferencia de Gilda Roa (dirixente do “Movimiento Agrario Popular de Paraguay”)

Maio 22nd, 2008

Cartaz conferencia Gilda RoaLugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

Hora: 19:15

Despois de participar no Congreso Mundial sobre o futuro da alimentación e a agricultura da ONU, en Bonn (Alemania), GILDA ROA visita España para informar sobre os impactos medioambientais e sociais do monocultivo de soia: contaminación, erosión agrícola, transxénicos, agrotóxicos, desprazamento da poboación pola forza, violencia, fame, ….

Gilda Roa chega a Galiza acompañada de Nina Holland (investigadora do Corporative Europe Observatory) e An Maeyens (antropóloga e membro da rede A SEED Europe)

25 de abril: 4ª XORNADA. No Salón de Actos do Vicerreitorado (Campus de Esteiro)

Abril 21st, 2008

O próximo venres terá lugar a derradeira xornada co seguinte PROGRAMA:

17:30 h. Clausura.

18:00 h. Proxección de audiovisuais (divididos en dous bloques).

20:00 h. COLOQUIO e ó remate do mesmo as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape elaborado con produtos ecolóxicos da Cooperativa A Xoaniña.

BLOQUE 1: 1 hora

  • Arxentina: Fame de Soia (34 min):Un magnífico documental de 50 minutos, do que veremos os primeiros 34, no que se fala sen tapuxos sobre as implicacións sociais, económicas e ambientais da produción de soia a gran escala na Pampa Arxentina.
  • O caso da soia no Brasil: fragmento de “We feed the world” (13 min): Veremos un fragmento deste extraordinario documental laureado con varios premios internacionais, no que o biólogo Vincent José Puhl nos contará como as plantacións de soia están substituíndo ás selvas amazónicas no Mato Grosso, en Brasil, para alimentar á gandería dos Estados Unidos e Europa.
  • Paraguai 2007: Soberanía violada (13 min): Como consecuencia dos plans económicos expansivos do presidente brasileiro Lula e as multinacionais alimentarias, os labregos de Paraguai estanse vendo obrigados a abandonar as súas terras, cercados polas plantacións de soia e millo transxénicos. Os que quedan expóñense a sufrir os efectos terribeis para a saúde das fumigacións con herbicidas e pesticidas.

BLOQUE 2: 44 min

  • Colombia: palma africana e paramilitares (programa de TV “La noche”, 29 min): Programa televisivo que investiga sobre os cultivos ilegais de palma africana no Chocó colombiano, unha zona declarada como Reserva da Biosfera. Ante a pasividade das autoridades (complicidade?), os paramilitares expulsan a punta de fusil aos/ás campesiños/as e as compañías de palma implantan impunemente o seu monocultivo a gran escala, deforestando os bosques.
  • Indonesia: deforestación e palma africana (10 min): Surleste de Asia. Indonesia e Malasia devoran as súas selvas a unha velocidade de vértigo para substituílas por plantacións de palma aceiteira. As cifras son de millóns de hectáreas. As poboacións indíxenas que vivían da riqueza da selva quedan sen medios de subsistencia. Os orangutáns e outras miles de especies ameazadas perden o seu hábitat para sempre. Destrución a toda costa en aras do negocio do aceite de palma.
  • Quiero ser tortilla (5 min): Simpático audiovisual de Citoplasma e Veterinarios sen Fronteiras que aborda, en clave de humor acedo, o problema dos transxénicos e a súa relación cos agrocombustibeis.

TODAS AQUELAS PERSOAS INTERESADAS NO CRÉDITO OU DIPLOMA DE ASISTENCIA DEBEN ASEGURARSE DE QUE TEÑAMOS TÓDOLOS SEUS DATOS PARA POÑERNOS EN CONTACTO CON ELES CANDO ESTEAN FIRMADOS.

18 de abril: 3ª XORNADA. No Salón de Actos do Vicerreitorado (Campus de Esteiro)

Abril 17th, 2008

Confirmado: Recoñecido 1 CRÉDITO DE LIBRE ELECCIÓN para alumn@s da Universidade da Coruña

Nesta terceira xornada interviron:

Antonio Dorado, (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia). Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas.

Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción): Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico.

Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra): Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis.

Tres relatorios excelentes seguidos dun moi interesante coloquio que continuou fóra do salón de actos xa que o tempo do que se dispuxo para debatir fíxose moi escaso.

Os biocombustibles son «un crime contra a humanidade», segundo a ONU

Abril 16th, 2008

Artigo publicado en “La Voz de Galicia” dixital o 15/4/08

“A Unión Europea suprimirá as subvencións para os cultivos destinados a producir carburantes verdes”

Autor: Natalia Bore

“Mentres que onte en Brasil comezaban as reunións técnicas preparatorias para a trixésima edición da Conferencia Rexional da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), que mañá será inaugurada oficialmente, alén do océano o relator especial da ONU para o Dereito á Alimentación, o suízo Jean Ziegler, declaraba que a produción masiva de biocombustibles «é un crime contra a humanidade».

A súa afirmación, fundamentada no impacto que o cultivo de cereais para este tipo de carburantes ten nos prezos mundiais dos alimentos, súmase ás voces de alerta que o pasado fin de semana lanzaron outros organismos, como o Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial. Os seus últimos estudos debuxan un terrible futuro no que os elevados prezos traduciranse en cen millóns máis de pobres no mundo, o que ameazará a paz, como ocorreu xa en países como Haití, Exipto, Indonesia, Madagascar, Mauritania ou Filipinas.

Ziegler advertiu que o mundo se encamiña «cara a un período moi longo de disturbios» e conflitos derivados da escaseza de alimentos e da imparable escalada dos seus custos, que será ?-así como a súa relación cos biocombustibles- un dos asuntos centrais que tratará a Conferencia rexional da FAO para América Latina e o Caribe, que se celebra en Brasília.

Aínda que o uso de cereais para producir biocarburantes non é o único factor que causou o desmesurado encarecemento dos alimentos, si tivo un efecto determinante, pois por primeira vez o consumo humano ten competencia.

Ante esta situación de crise global, o ministro francés de Agricultura, Michel Barnier, propuxo onte en Luxemburgo, no transcurso dunha reunión cos seus homólogos da Unión Europea, a adopción de medidas orientadas a reforzar a agricultura comunitaria e a aumentar a axuda para ese sector nos países máis pobres. «é necesario producir para alimentar», subliñou Barnier, en referencia á competencia do cultivo para biocombustibles.

Pero, a pesar das críticas, a UE, que si suprimirá as subvencións aos cultivos destinados á produción de biocarburantes, non ten previsto modificar nin suspender os seus proxectos baseados nesta fonte de enerxía alternativa.”